[17mQueremosGalego] Saquemos a lingua xuntas!
Acción | Actividades amigas | Convocatorias | Cultura | XeralPublicado por admin o 16 de Maio de 2012 ás 22:23h
Mañá é o Día das Letras Galegas (tamén o Día contra a LGBTQfobia e o día de Internet. E o aniversario da @acampadaSCQ!). Asi que moitas de nós estaremos na manifestación convocada por Queremos Galego (que ao parecer xa ten os permisos).
A maiores, tiñamos pensado facer unha lectura colectiva e andabamos dándolle voltas a como e onde facela sen que coincidira con outras iniciativas. Atopamos que As Dúas xa preparaban unha festa polo Día das Letras. Asi que alá estaremos participando do ambiente. Tentaremos facer streaming, así que estade pendentes do blogue e do Twitter de Audiovisuais.
Toda a info nesta publicación do seu Facebook.
Vémonos na rúa!
Na Ascensión… #TomaAsFestas!!!
Acción | ConvocatoriasPublicado por admin o 15 de Maio de 2012 ás 22:49h
Informamos de urxencia dun dos puntos acordados na asemblea de hoxe. Faremos unha acción durante as festas da Ascensión, pero necesitamos a vosa axuda para levar a cabo o traballo. A xuntanza para preparar o que imos facer será mañá, mércores 16, ás 19.30h na praza do Toural.
Achegádevos para traballar!!
Video: #12m15mSCQ en Galiza Contrainfo
#12m15m | AudiovisuaisPublicado por admin o 14 de Maio de 2012 ás 20:54h
#12m15mSCQ: 12-13 de maio
#12m15m | ConvocatoriasPublicado por admin o 13 de Maio de 2012 ás 23:07h
Tras varios meses de traballo, miles de persoas voltamos a xuntarnos no Obradoiro para falar, compartir, coñecernos e sobre todo, volver reclamar o que é noso: a rúa e os dereitos que vemos agredidos cada día que pasa. E dunha forma dictatorial dificil de crer. De novo, volvimos demostrar que non estamos dormidas.
Despois de percorrer varias rúas da cidade desde a Alameda, chegamos ao Obradoiro, onde se deu lectura a este texto. Xusto despois, cantamos Grândola, Vila Morena, do grande Zeca.
De seguido, os colectivos e plataformas cos que traballamos ou que saíron á rúa, presentáronse e contáronnos o traballo que fan, as súas loitas. Quizáis este foi un gran logro, artellar redes baseadas en traballos feitos en conxunto, a súa implicación e axuda. Tamén valeu para coñecer a outros novos, coma ACUSA ou o Foro Galego de Inmigración. A xuntanza finalizou cun espazo de micro aberto (aínda que estabamos un pouco tímidas ^^).
O 13 de maio enterámonos do desaloxo dalgunhas prazas, motivo polo cal nos xuntamos ás 17h no Obradoiro para que non se repitan momentos de represión coma estes. Aproveitando esta concentración, a que acudimos unhas trinta persoas, fixemos unha asemblea na que intercambiamos impresións sobre a propia manifestación e tocamos aspectos variados que estarán recollidos na acta (publicarémola proximamente).
Aproveitamos para ir pechando dúas citas para os vindeiros días, nas que vos convidamos a participar:
- Martes, 15 de maio: asemblea xeral. Quedamos ás 20h na praza do Obradoiro.
- Xoves, 17 de maio – Día das Letras Galegas (e o día de internet, e o día contra a LGBTQfobia, e o aniversario da acampadaSCQ!): lectura colectiva. Máis info nos vindeiros días.
Stay tuned! ^^
[#12m15mSCQ] TODO O QUE DEBES SABER SOBRE A MANIFESTACIÓN
#12m15m | ConvocatoriasPublicado por admin o 11 de Maio de 2012 ás 23:04h














