Próximo encontro: 16 de maio


O próximo 16 de maio reunímonos outra vez, con tres puntos concretos para traballar:
  • Día do Barrio: Ideas e participación nesta iniciativa xenial d’A Xuntanza.
  • Almorza na rúa: Preparación do almorzo popular do día 26 de maio.
  • Enquisa: Falaremos sobre a enquisa que temos preparada.

Vémonos ás 20:30h na praciña de San Pedro.

Posted in asembleas | Leave a comment

Próxima assembleia: 11 de abril!

Posted in asembleas | Tagged | Leave a comment

Vindeira asemblea: 7 de marzo!

Posted in asembleas | Tagged | Leave a comment

Este sábado en Compostela: VII Foro Galego de Acampadas

O movemento cidadán Asemblea Obradoiro de Compostela convida ás Asembleas locais do 15M Galicia a asistir ao VII Foro Inter-Asembleas, que se celebrará este sábado 21 de xaneiro na nosa localidade.
Terá lugar no espazo liberado Casa do Vento (rueiro de Figueiriñas nº 15), onde se desenvolverá a asemblea e o xantar. Para a xente que non saiba chegar quedaremos as 10:30h na Facultade de Farmacia (Praza do Seminario de Estudios Galegos. S/N. Campus Vida – antigo Campus Sur)

O horario da xornada será o que segue:

11:00 h. – Benvida e presentación dos participantes.
11:30 h. – Lectura da acta da asemblea anterior e da orde do día.
12:00 h. – Punto 2 da orde do día.
14:00 h. – Descanso e xantar.
15:30 h. – Continuidade do punto 2 da orde do día.
18:00 h. – Descanso.
18:30 h.- Continuidade da asemblea: punto 3, 4 e 5 da orde do día.
20:00 h. – Convocatoria VIII Foro Interasembleas de Galicia e despedida.

Ficamos á espera de que vaiades confirmando asistencia no N-1. Agardamos seguir dando pulo a este movemento coa continuidade destas convocatorias que fan necesaria a asistencia de todxs.
Para calquer asunto non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través do N-1, no formulario de contacto desta páxina web ou en acampadascq@gmail.com.

Por último, podedes consultar a Orde do Día premendo aquí.

Posted in Sin categoría | Leave a comment

Vémonos o día 11 na praciña de San Pedro!

Posted in asembleas | 1 Comment

Próxima asemblea: día 11 de xaneiro

A próxima asemblea do bairro de San Pedro será o día 11 de xaneiro ás 20:30h. O local está por determinar, xa que ía ser no Pampín, mais pechou! Ficade atentas a este blogue, ao nosso facebook ou á lista de correo*!

* Se queres estar na lista de correo da Asemblea envíanos un email a asembleasanpedro@gmail.com

Posted in asembleas | Leave a comment

Nova asemblea: 14 de decembro

Posted in asembleas | Leave a comment

Xoves 17 ás 19:00 no Centro Sociocultural da Trisca vídeoforo sobre o voto da Asemblea do Barrio de San Pedro.

Posted in actividades | Leave a comment

II Feira do outono do Mercado Entre Lusco e Fusco + Magosto da Asemblea de San Pedro!

Posted in actividades | Leave a comment

Asemblea do 2 de novembro

Posted in asembleas | Leave a comment